• Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural.

  • Oct 16 2023
  • Durée: 24 min
  • Podcast

Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural.

  • Résumé

  • O foro profesional Resonancias sae de Tui para visitar os Montes de Couso, no municipio limítrofe de Gondomar. Xosé Antón Arauxo, presidente da comunidade de montes, defende o valor multifuncional de futuro na xestión deste patrimonio natural e cultural, dignificando o feito de vivir do monte dende un concepto colectivo deseñado a medio e longo prazo. Acompañado do enxeñeiro Francisco Pedras, técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Xosé Antón Arauxo presenta o Bosque da Lingua, proxecto do que nace a idea futura de se sería posible crear un bosque dos instrumentos musicais.


    Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

    Voir plus Voir moins

Ce que les auditeurs disent de Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural.

Moyenne des évaluations de clients

Évaluations – Cliquez sur les onglets pour changer la source des évaluations.