• Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

  • Auteur(s): Música no Claustro
  • Podcast

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Auteur(s): Música no Claustro
  • Résumé

  • Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste podcast forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no festival Música no Claustro con sede na Catedral de Tui. A creación deste podcast está financiada pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Música do Ministerio de Cultura e Deporte.
    Música no Claustro
    Voir plus Voir moins
Épisodes
  • Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural.
    Oct 16 2023

    O foro profesional Resonancias sae de Tui para visitar os Montes de Couso, no municipio limítrofe de Gondomar. Xosé Antón Arauxo, presidente da comunidade de montes, defende o valor multifuncional de futuro na xestión deste patrimonio natural e cultural, dignificando o feito de vivir do monte dende un concepto colectivo deseñado a medio e longo prazo. Acompañado do enxeñeiro Francisco Pedras, técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Xosé Antón Arauxo presenta o Bosque da Lingua, proxecto do que nace a idea futura de se sería posible crear un bosque dos instrumentos musicais.


    Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

    Voir plus Voir moins
    24 min
  • Taller práctico sobre a instalación do programa FORTRA da Xunta de Galicia
    Oct 16 2023

    FORTRA é unha aplicación que permite certificar a trazabilidade e a pegada de carbono do produto artesán no compromiso de emprego de madeiras locais e favorece o aumento do seu valor comercial. Os enxeñeiros informáticos Victoriano Maestre e Jesús Álvarez, da empresa Nunegal Consulting, presentan este programa impulsado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) da Xunta de Galicia.


    Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

    Voir plus Voir moins
    21 min
  • Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia.
    Oct 16 2023

    Francisco Pedras, enxeñeiro técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) presenta o Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia.

    Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

    Voir plus Voir moins
    21 min

Ce que les auditeurs disent de Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Moyenne des évaluations de clients

Évaluations – Cliquez sur les onglets pour changer la source des évaluations.