Épisodes

  • Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural.
    Oct 16 2023

    O foro profesional Resonancias sae de Tui para visitar os Montes de Couso, no municipio limítrofe de Gondomar. Xosé Antón Arauxo, presidente da comunidade de montes, defende o valor multifuncional de futuro na xestión deste patrimonio natural e cultural, dignificando o feito de vivir do monte dende un concepto colectivo deseñado a medio e longo prazo. Acompañado do enxeñeiro Francisco Pedras, técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Xosé Antón Arauxo presenta o Bosque da Lingua, proxecto do que nace a idea futura de se sería posible crear un bosque dos instrumentos musicais.


    Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

    Voir plus Voir moins
    24 min
  • Taller práctico sobre a instalación do programa FORTRA da Xunta de Galicia
    Oct 16 2023

    FORTRA é unha aplicación que permite certificar a trazabilidade e a pegada de carbono do produto artesán no compromiso de emprego de madeiras locais e favorece o aumento do seu valor comercial. Os enxeñeiros informáticos Victoriano Maestre e Jesús Álvarez, da empresa Nunegal Consulting, presentan este programa impulsado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) da Xunta de Galicia.


    Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

    Voir plus Voir moins
    21 min
  • Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia.
    Oct 16 2023

    Francisco Pedras, enxeñeiro técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) presenta o Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia.

    Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

    Voir plus Voir moins
    21 min
  • José Enrique López Ocampo: 400 anos fabricando sinos en Arcos da Condesa
    Aug 28 2023

    Despois de case 400 anos da súa fundación, José Enrique López Ocampo mantén vivo o obradoiro familiar de Campás Ocampo situado en Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis. O foro profesional Resonancias visita este obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Unha oportunidade para coñecer de primeira man o proceso de deseño, construción e fundición dunha campá seguindo as técnicas artesanais antigas.

    Voir plus Voir moins
    38 min
  • Natalia Moreno e Regis Floury: Hylica, espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía
    Aug 28 2023

    O foro profesional RESONANCIAS visita Hylica, un espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía situado en Sabarís e que forma parte do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Hylica é un proxecto fundado pola artesá Natalia Moreno e o luthier Regis Floury, quenes comparten as súas inquedanzas na preservación dos coñecementos tecnolóxicos e antigas ténicas da artesanía co obxectivo de polas ao servizo dos museos, así como a súa divulgación a través dos programas anuais Menestralía.

    Voir plus Voir moins
    39 min
  • Lucy Durán: A evolución da kora dende o oeste de África aos talleres e escenarios internacionais
    Aug 28 2023

    Lucy Durán, profesora de música da SOAS-Universidade de Londres e produtora musical de gravacións como "New Ancient Strings" no ano 1999, disco que impulsou a carreira internacional de Ballaké Sissoko e Toumani Diabaté, presenta en Resonancias a evolución da kora dende o oeste de África aos talleres e escenarios internacionais nas últimas cinco décadas, sendo a súa aportación máis recente a co-dirección da película documental "Ballaké Sissoko, une histoire de kora" estreada a inicios de 2023.

    Voir plus Voir moins
    34 min
  • O Reberete: Artesán de instrumentos tradicionais galegos
    Aug 28 2023

    Tras o concerto de Davide Salvado en Música no Claustro, o artesán galego O Reberete presenta no foro profesional Resonancias os instrumentos de percusión tradicional construídos no seu obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Dende San Cristovo de Cea, un pequeno municipio da provincia de Ourense, O Reberete defende os valores do traballo no rural galego e a dignificación desta familia de instrumentos musicais.

    Voir plus Voir moins
    23 min
  • Marcos Domato: A búsqueda dunha personalidade propia na construción da guitarra clásica
    Aug 28 2023

    O artesán guitarreiro Marcos Domato presenta en RESONANCIAS o seu último instrumento, unha guitarra na cal procurou buscar unha personalidade propia de construción e deseño. Unha oportunidade de achegarnos a este obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

    Voir plus Voir moins
    20 min